1. Eu: Mar-Ría

Texto e fotomontaxes: MaRía (Mar-Ría). Así me presentarei de agora en diante:
alcume que quere suxerir a conxunción do "Mar e a Ría".
                                                          



                      TANTAS PAISAXES PERCORRIDAS, DE DENTRO PARA FÓRA, DE FÓRA PARA DENTRO ...  ATA  DECATARME QUE NON ERA EU, SENÓN O MUNDO QUE MAS LEVABA E MAS TRAÍA DE VOLTA!

Coido que con este blogue irremediablemente elixín formar parte desa tea de araña que envolve ás nosas sociedades, ao noso  planeta ...  a miña única intención é percorrer un camiño que outros xa percorreron e facer realidade un soño: a ilusión de compartir.
Posiblemente,  o único medo de amosar o que un quere amosar por esta rengandixa do blogue, sexa presentir a presenza cercana do lector que un xa coñece  ou que non coñece en absoluto aínda... pero pertenzo á única especie que dedica o seu tempo e enerxía a algo inútil desde o punto de vista puramente práctico ou de supervivencia e esta actividade en principio baleira  é  sen embargo a ferramenta esencial da nosa  cultura e a nosa  unión ... xa só por eso paga a pena.