jueves, 22 de julio de 2010

"Doce pares de zocos ao día - díxome o zoqueiro!"

A fin de semana pasada estiven a "platicar"con este artesán. Faloume daqueles tempos nos que facer un par de zocos levaba días, moi distinto de agora que fai a dez ou doce pares diarios. Certamente a proporción cambiou!

A palabra zoco, provén do latín: ssocus pero ...

Clog (Clica) é a palabra que se utiliza para nomear o que serían os nosos zocos ou zocas (segundo leven coiro ou non) noutros países como Holanda, Suiza, Dinamarca, Lituania e Bélxica, que posúen ese mesmo calzado.

Saliéntase tamén que clog en gaélico significa "tempo", o que indicaría o feito de marcar o ritmo cos zocos ou clogs.

Tamén ese famoso baile que vemos nas películas, dos montañeses de Norte América, denomínase "clogging" (Clica). Parecese ser que provén dun baile tradicional dos traballadores do algodón no s XVIII, que o bailaban cos seus zocos de traballo.

Hoxe en día é difícil ver pola rúa á xente cos zocos. Agás raras excepcións que como sempre confirman a regra. A ese pequeno grupiño pertenzo eu.

Merquei os meu zocos (velaí volos amoso) hai xa moitos anos na feira de Betanzos e desde aquela úsoos de moi boa gana, tanto no traballo coma en días de lecer.

Nalgunhas zonas de Galicia, chámanlle galochos. Busquei o termo pero só o atopei en castelán:

galocho, -cha

adj. Que es de mala vida.

Axiña entendín!

Respecto á decoración, os zocos galegos pódense facer dunha peza de coiro ou de dúas. Os dunha peza eran para homes. Os de dúas pezas de coiro eran para mulleres e nenos.

Texto y fotografías ("Zoqueiro. Noia" 2010 e "Galochos"): MaRía