miércoles, 9 de mayo de 2012

Cómic run...

Son das que gozan enriba dunha moto, pero como actividade contemplativa, nunca invasiva!
A velocidade ... lévoa no peito, pechada " a cal e canto".

Sobre rodas: mellor sempre a modo.

Coido que con medalla ou sen medalla de honra, somos moitos, cada vez máis, os que merecemos seguir a rular polas estradas. A aqueles que aínda lles custe entender que:
"os camiños se fixeron para andar
non para tolear",
que por favor tiren xa a toalla.
Gracias.

Versos de Gerardo Diego. "Guitarra".

Habrá un silencio verde
todo hecho de guitarras destrenzadas.

La guitarra es un pozo
con viento en vez de agua.


Nestes versos tan breves como fermosos, Gerardo Diego, agasállanos coa súa particular "impresión".

Xa só coa sinestesia do primeiro verso, nos amosa como os valores connotativos das verbas posúen máis relevancia que os conceptuais.

E nos versos finais, o poeta evoca ese parecido real á vez que emocional entre a guitarra e o pozo.

Por cousas así amo a lírica: Pola beleza das pequenas ideas nas grandes palabras, ou as grandes ideas expresadas en palabras tan pequenas. E ese "alguén" poeta que compón a maxia de elixilas e entregalas á conxunción perfecta: o verso, e en última instancia: o poema.


Foto: DebuxoDeBuxo. Xogos na imaxe: MaRía.
Texto: Gerardo Diego. "Imagen". 1922