sábado, 10 de julio de 2010

12. PAISAXE CHINESA PRETO DE BETANZOS!

MARISMAS DESDE PAZO DE MARIÑÁN.(Pincha)


A ENTRADA AO PAZO DE MARIÑÁN É DE BALDE.

PAGA A PENA AFORRAR UNHA VIAXE A CHINA !!!...

Texto: MaRía

11. Ra das Marismas


RA DE MARISMAS:

ESPECIE "RARA AVIS" DE
OLLOS CHINESES MOI ABERTOS.
O SEU CANTO É CREMOSO E MOI SUTIL.


PURA CONTRADICCIÓN
QUE HABITA SÓ EN
ESPAZOS FERMOSOS .

ESPECIE EN PERIGO
DE EXTINCIÓN.


MaRía

Unha vez tiven a ben, imaxinar esta especie de "Ra das marismas" como representación alegórica de todo ser vivo animal, independentemente do espazo onde viva, auga salgada ou doce ou no seu defecto terra ou o ar. Ese ser croa. Así o percibo eu e así o fago constar hoxe, dezasete de xuño do ano dous mil dez.

10. ...

Lenzo: MaRía



poema del beso


en cada vida,
en cada lugar,
en cada hora.
sempre, en cada boca de gato haberá unha xaneira
un devecer... unha fuxida...
unha mistura de linguaxes
que farán posible o beso.



texto: (misturáronse as linguas e omitíronse voluntariamente as maiúsculas).MaRía.

9. Amanita.

É unha mágoa ver o estado dos nosos portos, das nosas praias, das nosas costas.


... os ollos nosos xa están a ver o que noutrora, no MEDIEVO, era inevitable: o noxo.

Escollín esta barca, polo seu nome:

Amanita


Coido que como un presaxio...



Amanita

Amanita muscari
, ou rebentabois, como lle chamamos nós, é un cogomelo velenoso bastante tóxico.

Á vista está que de aquí en diante, teremos moitas máis especies velenosas e tóxicas que o "Rebentabois".


Texto e fotos das barcas: MaRía

8. 俳句 ... haiku

Orixe do nome das notas «do re mi fa sol la si do».

Seis das sílabas foron tiradas das primeiras seis frases do texto dun himno a Xoán Baptista . As frases iniciais do texto, escrito por Paolo Diacono (aprox. 720 - 799), eran:

Ut queant laxis,
Resonare fibris,
Mira gestorum,
Famuli tuorum,
Solve polluti,
Labii reatum.

que significa "Para que os teus servos poidan cantar as maravillas dos Teus Actos admirábeis, absolve as faltas dos seus beizos impuros".

Máis tarde, Ut foi substituído por Do, (por Dóminus o Señor), e foi adicionada a sílaba Si, como abreviación de Sante Iohannes (San Xoán).

Foi Guido d`Arezzo, un monxe (990-1050), quen creou este sistema de nomear as notas.

haiku


A clave de sol.
A clave está no Sol.
Música é Vida.


Texto:MaRía

Está claro que sen Sol a vida non tería existido . Pero e que ademáis moitos e moitas de nós non poderiamos vivir sen música.


7. ¡Te pongo los cuernos!



25 de Xuño. Da miña alxaba de fotos deste día polas rúas de Santiago destacaría a coincidencia destes dous cornos. O primeiro foi tomado no xardín dun hotel da rúa de Santa Clara cando parei para tomar un respiro e tornar baixo unha sombra os case 30º que nos atafegaban... e o segundo foi saíndo dese hotel, nunha rúa cara á casa das Crechas.
Podería ter pasado sen decatarme da imaxe de auga que a casualidade puxo no meu camiño (por mor dunhas obras) pero ... un golpe de sorte fíxome ver, e celebralo!

Texto e fotos:MaRía