viernes, 16 de julio de 2010

17. OUTRA VACA NO MAÍNZO!


Andábache eu por Francia o verán de 2009 cando atopei estas fermosas vacas "Blonde de Aquitania" e non dubidei en procurarlles unha instantánea.
É unha imaxe fermosa que canto máis a miro máis me gusta.

A sensación que ten un cando atravesa terras francesas da Borgoña (pica) é que abondan as vacas, abondan as vacas,

abondan as vacas,
abondan as vacas,




abondan as vacas, non coma aquí ... que


...oxalá houbera máis vacas ao maínzo!


"Por certo que co maínzo (millo) e coas mazáns dáse a paradoxa de que tamén sendo grandes produtores non fomos capaces de facer a sidra que consumimos nin de elaborar whisky (bourbon chámaselle a este licor feito con millo) coa inmellorable calidade das augas de Galicia". Curiosidades do millo-maínzo (Pica.Ex: "Así e todo, unha dieta baseada só no millo como cereal conduce a unha carencia de vitamina B provocando a pelagra, doenza que era moi común na Galicia da costa".)


Texto superior e foto: MaRía

16. ABÁBORO

Aos ABÁBOROS ou abellóns non lles hai que ter medo. Non posúen aguillón, xa que este é en realidade un colector de ovos modificados. Pero é que ademáis :


Os abáboros son as abellas machos da colmea que proceden de ovos sen fecundar, pero son eles precisamente os que se ocupan de fecundar a raiña.

O voo nupcial é espectacular. Copulan coa raíña en pleno voo para caer ao pasto moitas veces xuntos.
Logo da cópula o abáboro morre dado que se desprende o seu aparello xenital.
As raíñas copulan con ata 15 abáboros e gardan no interior do seu abdome o esperma dos diferentes machos cos que copulou, asegurándose deste xeito a variabilidade xenética da prole.

TipoovoLarvaOperculadoPupaPeríodo desenroloFertilidade
Abellón3 díasata o 6º 1/2 díaata o 9º 1/2 díaata o 15º 1/2 día16 días máisaprox. 24 ou 25 días

É importante que o apicultor non leve marcos con celas de abellóns á cámara de cría en virtude de que a reprodución destes é inversamente proporcional á produción de mel.

Texto: compilación de MaRía sobre outros textos.
Foto: "Abáboro de Bastabales" de Luis M. B .S