lunes, 19 de julio de 2010

22. AS BRAÑAS




Mentres Sada" bule-bule" a cotío ... no seu corazón, o vento da présa amaina.

Un atopa en Google: Sada. Descubre un paraíso natural no Norte de GALICIA que quere coñecer.

Busca máis información e atópase con que:

"As brañas" de Sada, aparecen como oferta turística. Chegas á vila e encontras que son un lugar inaccesible. En que pensas entón? O máis seguro é que nun fraude. Pois se vés de Ferrol, aínda ten un pase, pero se vés de Canterbury!, e perdes "peixe e pedra", sen comentarios.

Tal como se apreza na foto superior, este espazo "das Brañas" (pica) xunto co mar é o máis fermoso da vila.
Un espazo natural protexido (?)(Clica). Oxalá pero ... por mor da construción e esas leis sempre abertas á especulación, van pasando os anos... e un pouco daquí, un pouco dalá... o humidal vai desaparecendo.

Como sempre a natureza segue sendo a máis indefensa. É un ben común, que coida legar, sen dúbida algunha, aos que veñen detrás.

Ademais con respecto a esta zona:

O crecemento da vila "atallou" moi axiña o cambio de nome das rúas sen importar a tremenda vinculación das mesmas co lugar ao que se vencellaban, ese inxente humidal.

Por exemplo ás tres rúas vertentes da principal travesía de "La Laguna", que se viñan chamando así desde hai máis de cincuenta anos, cambiáronlle o nome por: Cambre, Culleredo e Abegondo, tipo: "borrancho e conta nova".


E non se sabe moi ben que pintan Abegondo, Cambre ou Culleredo para darlle nome a esas rúas, hábitat tantos anos do canto das ras: Cantalarrana ou Cantaarrá, por poñer un exemplo, nalgún dos casos estaría moito mellor. Quen sabe!

Polo de pronto, como dicía a canción da moreniña de Bueu (Tango da Illa de Ons): "Agora vaime quedareeé ... Abegondo, (Culleredo ou Cambre) pa...ra sempreee!!!"


Unha mágoa.

NIN COA PALABRA (roubándolle a idiosincrasa á toponimia), NIN COS FEITOS (roubándolle aos espazos naturais) podemos seguir atentando...

Texto e montaxe fotográfico: MaRía