Estimada Venus de Willendorf:
Vés dun lugar da baixa Austria, non mesmo de Willendorf, senón máis concretamente de Wachau, lugar de uvas e pexegos.
Atopámoste no ano de mil novecentos oito no medio dunhas obras de tren, tintada de vermello e cos teus só 11 cm e nada máis e nada menos que con
Atopámoste no ano de mil novecentos oito no medio dunhas obras de tren, tintada de vermello e cos teus só 11 cm e nada máis e nada menos que con
20.000 anos !!! Dende aquela fuches a:
"Avoa Venus"... a avoa de todos!
Dacordo que moitos non acepten o termo de Venus, polos teus canons non clásicos para designarte de tal xeito, pero aínda que hoxe sexa difícil recoñecer a beleza real de calquera corpo de muller, penso nas mans que te fixeron... de seguro que endexamais se lle pasaría pola testa facerche un "lifting".
Todo chegará, namentres... "xapó (chapeau), bela Venus", e gracias señor ou señora "homo-women sapiens" por tela creado de tal xeito. Aprecio a súa sensibilidade... e gozo de tódalas "Willendorfinas" que nos legou coa súa diminuta obra de arte .

Texto: MaRía