lunes, 19 de julio de 2010

23. CANDO DIGO CATRO.


Hoxe botei a pensar no número catro. Desde "as catro copas" ata ... os "catro vellos mariñeiros", haiche boa leria de frases feitas.

Que terá o número catro?

0. Catro copas. "Levaba catro copas de máis"

1. Catro gatos. "Eramos catro gatos".

2. Catro pelos. "Tiña catro pelos".
3. Catro gotas. "Caen catro gotas"
4. Catro ricos. "No mundo mandan catro ricos".
5. Catro pesos. "Non tiña máis que catro pesos".
6. Catro letras."Escribinlle catro letras para lle contar o que pasara".
7. Catro parvadas. "Non fixeron máis que catro parvadas".
8. Catro liñas. "Escribinlle catro liñas".
9. Catro ollos. "Catro ollos ven máis ca dous".
10. Catro pitos. "Impórtame catro pitos".

11. Catro pelagatos. "Non che quedaban máis que catro pelagatos".
12. Catro berros. "Meteulle catro berros e púxoo a andar"
13. Catro ... o que sexa. Co catro todo vale, salvo se es chinés pois para eles o catro e o número da morte ou da mala sorte. Xa vedes que o fixen coincidir co noso trece.
14.Catro lambuxos."Hai un bocado e catro lambuxos"
15.Catro pes."Vós dades catro pes para un banco"
16. Catro vellos mariñeiros.
Destes non hai nada que dicir pois todo se sabe.

Foto (Vila Real-Portugal) e texto: MaRía.