(Os blephariceridae ou a liponeura , é o díptero máis importantes a hora de calibrar a calidade da auga dos ríos.)
in-side... inside the river!
Aló van polo río abaixo
tódalas troitas sentadas
poucas veredes de pé
ándanche ben amoladas.
“Liponeuriñas volvede!”
o pobo segue a murmurar!:
Tódolos ríos galegos
séguense a contaminar..
Mentres... os galos kiricos
seguen a cacarexar;
nada fixeron antes
agora seguen igual.
Aló van os pintafontes, o sapiño comadrón,
o concilio de ras vermellas,
o último sapoconcho de Arnoia,
a víbora fociñuda.
Aló vai, tamén o andarrío, batuxando de pedra en pedra
o lagarto ferreño e a lagarta da serra,
a fulepa amarela ...,
e “o meu ben querido” ferreiriño abelleiro
e “o meu ben amado” carrizo.
It´s so easy
to fall in love.
Papuxas montexas, malvís e demais
seguede a beber nos ríos...
E nunca máis... sen vos chegar ao mar.
Leria: MaRia
Ás veces parece que só si estoupan grandes petroleiros e contaminan cos seus verquidos as nosas rías somos quen de botar as mans á cabeza e berrar ben alto : Nunca máis.
Coido que este cancro continuo de contaminación permitida nos nosos ríos , xa non só é para botar as mans á cabeza senon tamén para poñela a remollo. O tempo pasa... a nosa flora e fauna son o máis prezado ben... e segue: INDEFENSO.
Déixovos este enlace estupendo: “A VIDA NOS RÍOS GALEGOS” Flora e Fauna(Clic), para que entre todos gardemos a ilusión de seguir gozando de tanto tesouro no máis profundo dos nosos ríos e sobre todo nos nosos corazóns.
Enlace da situación real dos nosos ríos.(Clic)
Música que se esta a escoita"River ": Linda Ronstadt(Clic) .
Artigo: MaRía