O leixaprén : palabra medieval composta de leixa -deixa- e pren -colle-. É un recurso estilístico característico das cantigas de amigo galego-portuguesas . Consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte.
Blog : palabra actual, composta por : web e log (que signifíca bitácora). Sería un caderno on line.
Para o caso "leixaprén" semella ser a palabra idónea para Blog , no senso de ser: Un deixa as túas ideas, fotos, comentarios,etc e colle ideas, fotos ... doutros.