(Rianxo punto com)
Quero deixar os silencios do camiño
para as cordas dunha guitarra partida.
Contarlle ao sol as esquinas do seu lume...
percorrer o teu porto, Rianxo,
camiñalo a pasos lentos.
Que me cuspa o mar na cara
o teu canto,
o teu aroma,
este poema,
este sabor a salitre tenso!
Descubrir o teu son
nese combate de madeiras amarradas
onde a vida fuxe así, lixeira
proa contra popa.
Quero vivir convidado a vivir.
E nese discurso teu, Rianxo,
atopalo bocexo do mar
sen permiso e sen demora.
Hoxe, ao fin
quero respetala canción do meu sangue
percorréndome o corpo, aquí e agora.
Fotografía (Rianxo 2011) e texto: MaRía.