ÁRBORES EN REDE ... CONEXIÓN WIFI
Rianxo. Nove de xullo de 2010.
Cando estaba a tomar esta fotografía, a perspectiva da imaxe que ía reter amosoume ao instante ese segredo perpetuo que co de vagar dos séculos e agora "a fortiori" é importante pór de relevo: HAI CONEXIÓN ENTRE NÓS E A NATUREZA. En rede, wifi... sen dúbida:
"habela, haila!"
Esta especie, Platanus hispanica, unha das más extendidas pola nosa "xeografía de parques", posúe a casca lisa e de cor clara que se desprende cada ano en placas irregulares. Son dunha auténtica beleza canto máis envellecen."habela, haila!"